Programa para a simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química
2015/2016 · 369 créditos
A Bioloxía é unha Ciencia de capital importancia para o desenvolvemento sostible da sociedade. Pretende chegar a comprender o fenómeno da vida, observándoo dende diversas perspectivas e atendendo aos distintos niveis de complexidade nos que se manifesta. Dende as moléculas coas que se constrúen as distintas estruturas e se tramite a información bilolóxica, até os ecosistemas nos que se integran as comunidades co seu medio ambiente, pasando polas células e organismos pluricelulares, coa súa panoplia de sinais físicos e químicos que aseguran o bo funcionamento do ser vivo, todo é importante e necesario para a formación dun biólogo moderno.
A Química trata as propiedades, cambios e reaccións de todo tipo de compostos e materiais. Inclúe a investigación de estructuras e mecanismos das transformacións químicas e a síntese de novas especies ou sustancias, en moitos casos cos fins tecnolóxicos. A Química proporciona o marco conceptual e a metodoloxía da Bioquímica, e é núcleo dunha enorme variedade de actividades industriais. Ten unha participación central no progreso e benestar, desenvolvendo novos produtos e tecnoloxías que inciden en todos os ambitos da sociedade, sendo un dos pilares da capacidade competitiva dun país. A Química presenta innumerábeis posibilidades de desenvolvemento, polo papel que xoga na protección da saúde e o medio ambiente, na mellora das condicións hixiénicas e sanitarias, na obtención de máis e mellores alimentos, e na fabricación de novos materiais para mellorar a calidade de vida.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Industrias farmacéuticas e agroalimentarias
- Industria de perfumería, cosmética e produtos de hixiene personal
- Biotecnoloxía
- Química biolóxica, xenómica e proteómica
- Industria agroquímica
Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904