Grao en Enfermaría (Ferrol)
2015/2016 · 240 créditos
O título de Grao en Enfermaría da UDC ten como obxectivo a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica, humana e capacidade para:
- Responder ás necesidades de coidados de saúde das persoas, familias, grupos e comunidades, dende unha percepción integral da persoa.
- Establecer relacións interpersoais empáticas e eficaces con doentes, familias e equipo de traballo.
- Actuar baseándose nos principios éticos, respectando os valores e dereitos individuais e mantendo a dignidade persoal.
- Utilizar o pensamento crítico, a practica reflexiva e a metodoloxía científica.
- Construír e contribuír ao desenvolvemento persoal, profesional e social.
A formación clínica comeza con prácticas simuladas para o desenvolvemento de habilidades, continuando coas prácticas clínicas en centros asistenciais que permiten integrar e incorporar coñecementos, habilidades, actitudes e valores profesionais e explorar as diferentes realidades asistenciais.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Centros sanitarios
- Socio-sanitarios, sociais, educativos, e outros (empresa, ONG, defensa, centros penitenciarios, exercicio libre...)
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
Campus de Esteiro
15403 Ferrol
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904