Grao en Logopedia
2015/2016 · 240 créditos
Este grao habilita para exercer a profesión regulada de logopeda. Así, desenvolve estudos relacionados con todos os aspectos da comunicación que poden manifestarse como trastornos na voz, articulación, comprensión, simbolización e expresión oral e escrita, relacións sociais e pensamento.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Logopeda en centros hospitalarios
- Residencias da terceira idade
- Fundacións de disminuidos psíquicos e físicos
- Asociacións de enfermos crónicos
- Centros de ensinanza públicos e privados
Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904