Grao en Podoloxía

2015/2016 · 240 créditos

Os graduados en Podoloxía pola Universidade da Coruña serán profesionais cos coñecementos, destrezas e aptitudes necesarios para levaren a cabo actividades dirixidas á prevención, o diagnóstico e o tratamento das afeccións e deformidades dos pés, mediante procedementos terapéuticos podolóxicos.

Para iso, estes profesionais terán coñecementos e comprensión das ciencias fundamentais para a saúde, o método científico e unha aprendizaxe elemental relativa á práctica baseada na evidencia e na análise de datos en xeral. Así mesmo, estarán dotados de ferramentas suficientes para continuar progresando a través da autoaprendizaxe e a formación continuada.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Institucions públicas, residencias xeriátricas e fogares de pensionistas
  • Compañías privadas de seguros de asistencia sanitaria
  • Hospitales e centros asistenciales, a través das unidades de pe diabético
  • Clubes e asociacions deportivas de fútbol, baloncesto, etc.
  • Industria e servizos do calzado

Facultade de Enfermaría e Podoloxía

Campus de Esteiro
15403 Ferrol

Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904

Quero saber máis