Grao en Fisioterapia

2015/2016 · 240 créditos · Plurilingüe
en

O Grao en Fisioterapia é un título da Facultade de Fisioterapia pertencente á rama de coñecemento das Ciencias da Saúde, cunha duración de catro anos e 240 créditos ECTS.

Ao longo da historia a fisioterapia configurouse como unha disciplina terapéutica que ten por finalidade a curación natural, o que corresponde coa etimoloxía do termo (physis 'natureza', e therapia 'curar, coidar'). Segundo a Confederación Mundial para a Fisioterapia, esta conforma un dos piares básicos da terapéutica de que dispón a medicina para curar, previr e readaptar os pacientes, alén da farmacoloxía, a cirurxía e a psicoterapia. A fisioterapia, por tanto, é unha disciplina sanitaria orientada á promoción da saúde, a prevención, o tratamento e a rehabilitación física de alteracións funcionais.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Centros sanitarios
  • Centros educativos e de educación especial
  • Servizos sociais
  • Institucións deportivas
  • Consultorios

Facultade de Fisioterapia

Campus de Oza
15006 A Coruña

Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904

Quero saber máis