Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
2015/2016 · 240 créditos
Este grao proporciona unha formación ampla no ámbito dos estudos sobre o idioma, a literatura e a cultura no mundo hispánico. Estúdanse as diferentes ramas do saber filolóxico (gramática, pragmática, sociolingüística, historia da lingua, movementos e xéneros literarios, autoras e autores da literatura etc.) aplicadas ao español. Desta forma, o alumnado fica preparado para desenvolver con éxito as responsabilidades da súa actividade laboral.
Ao mesmo tempo, permite adquirir unha moi boa competencia plurilingüe (español, galego e inglés, aínda que tamén opcionalmente francés, italiano e portugués), o que redunda de xeito positivo nas competencias profesionais do seu estudantado.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Traducción e interpretación
- Asesoramiento e mediación lingüística, cultural y editorial
- Asesoramiento cultural e lingüístico no mundo empresarial
- Crítica literaria
- Medios de comunicación

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904