Grao en Humanidades
2015/2016 · 240 créditos
O Grao en Humanidades combina dous niveis de coñecemento: un xeral, centrado nas ciencias humanas, cun enfoque interdisciplinar e atención á perspectiva contemporánea; e outro instrumental e aplicado cuxo obxecto é capacitar o alumnado de forma básica para a actividade profesional. Así, os graduados en Humanidades atinxen unha formación versátil que lles permitirá adaptarse a unha sociedade en constante cambio, en que adquirirán coñecementos básicos sobre as grandes correntes artísticas e do pensamento, así como sobre a estrutura diacrónica do pasado e o comportamento das persoas en sociedade.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Docencia en secundaria
- Dinamización cultural de concellos e entidades cívicas
- Realización de proxectos culturais e administración cultural de empresas
- Xestión do patrimonio histórico e cultural en todos os seus ámbitos
- Labores de turismo cultural
Facultade de Humanidades e Documentación
Campus de Esteiro.
r/Doctor Vázquez Cabrera s/n
15403 Ferrol
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904