Grao en Estudos de Arquitectura

2015/2016 · 330 créditos · Plurilingüe
en

A finalidade do título “Graduado en Estudos de Arquitectura” é a adquisición por parte do estudante dunha formación de carácter especializado multidisciplinar, orientada á adquisición dos coñecementos e competencias necesarios para a arquitectura e a ordeación do territorio, que permitirán ademais o acceso ao Mestrado Universitario en Arquitectura, título habilitante para exercer a profesión regulada de Arquitecto.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Investigación
  • Exercicio liberal, como asalariado ou na función pública
  • Redacción de proxectos e dirección de obra en edificación e urbanismo
  • Xestión empresarial, do solo e de edificación
  • Desenvolvementos informáticos

Escola Técnica Superior de Arquitectura

Campus da Zapateira
15071 A Coruña

Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904

Quero saber máis