Grao en Enxeñaría Eléctrica

2015/2016 · 240 créditos

Nestes estudos adquírense as competencias dentro do ámbito industrial para a redacción e sinatura de proxectos, a dirección de todo tipo de actividades, e industrias ou explotacións dentro do ámbito industrial.

É unha carreira xeneralista do ámbito industrial, o que a converte nunha das carreiras máis demandadas e con maior volume de saídas profesionais, pero que asemade proporciona unha intensificación na área eléctrica, que permite, alén diso, adquirir os coñecementos da especialidade eléctrica.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Empresa industrial
  • Empresas de servizos
  • Por conta propia, non só elaborando proxectos ou responsabilizándose da sóa execución, senón tamén da xestión e administración das mesmas

Escola Universitaria Politécnica

Campus de Serantes, Avda. 19 de febrero s/n
15405 Ferrol

Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904

Quero saber máis