Programa para a simultaneidade do Grao en Ciencias Empresariais e o Grao en Arquitectura Técnica

2015/2016 · 396 créditos

A Universidade da Coruña, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que se poidan cursar de forma simultánea os estudos de grao en Arquitectura Técnica e grao en Ciencias Empresariais, mediante a proposta dun programa conxunto elaborado pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e pola Facultade de Economía e Empresa sobre os plans de estudos oficiais. A impartición das disciplinas deste Programa de Simultaneidade será de xeito independente á equivalente no Grao en Arquitectura Técnica e no Grao en Ciencias Empresariais. En consecuencia realizarase en cada cuadrimestre no centro que corresponder segundo as disciplinas que se van impartir.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Arquitecto técnico
  • Postos superiores no entorno empresarial e institucional
  • Xestión económica no sector da Edificación

Escola Universitaria de Arquitectura Técnica

Campus da Zapateira
15071 A Coruña

Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904

Quero saber máis