Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
2015/2016 · 240 créditos
O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais representa a continuidade da titulación de Enxeñaría Industrial presente en España desde hai máis de 150 anos. O seu campo de actividade está orientado cara ao proxecto, a construcción e a produción na industria e os seus transformados en xeral, así como a moitas actividades do sector servizos.
Abrangue un gran número de campos, tanto tradicionais como de futuro: electrónica e automática, enxeñaría eléctrica, química industrial e medio, técnicas enerxéticas, metalurxia e enxeñaría de materiais, construción, organización industrial e fabricación.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Técnicas enerxéticas
- Enerxías alternativas
- Electrónica e automática
- Inxeñaría eléctrica
- Electromedicina e bioenxeñaría
Escola Politécnica Superior
Campus de Esteiro. r/ Mendizábal s/n
15403 Ferrol
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904