Grao en Administración e Dirección de empresas
2015/2016 · 240 créditos
· Plurilingüe
en
O grao en ADE impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación en xestión empresarial orientada á análise e toma de decisións desde posicións directivas.
O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc), formación económica (teoría micro e macroeconómica, estrutura económica, historia económica, etc), formación xurídica e social (dereito, socioloxía, etc) e formación empresarial (organización, marketing, finanzas, dirección e estratexia). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Directivo empresarial nivel medio
- Alta dirección
- Analista empresarial
- Consultoría
- Auditoría
Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904