Grao en Ciencias Empresariais

2015/2016 · 240 créditos

O Grao en Ciencias Empresariais impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación en xestión empresarial orientada á resolución de problemas operativos, tácticos e estratéxicos.

O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, historia económica etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía etc.) e formación empresarial (organización, márketing, finanzas, sistemas de información, fiscalidade, dirección e estratexia). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Directivo empresarial nivel medio
  • Alta dirección
  • Analista empresarial
  • Consultoría
  • Auditoría

Facultade de Economía e Empresa

Campus de Elviña
15071 A Coruña

Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904

Quero saber máis