Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (A Coruña)
2015/2016 · 240 créditos
O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña é unha titulación oficial que se inscribe na área de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas e que é impartida por un centro privado adscrito á Universidade da Coruña.
A formación presencial ao longo de catro cursos académicos (240 ECTS) ten por finalidade a formación de expertos no eido da organización do traballo, a xestión dos recursos humanos, a lexislación laboral e a facenda pública, alén de na xestión de políticas sociais. En definitiva, a formación de profesionais que se incorporen nun equipo multidisciplinar, con polivalencia funcional e capacidade de adaptación ás novas tecnoloxías co fin de daren resposta aos novos desafíos do mundo do traballo.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Graduado social/Asesor laboral
- Dirección e xestión de recursos humanos
- Xestión, mediación e intervención do mercado laboral
- Axentes de empleo e desenvolvemento local
- Prevención de riscos laborais

Escola Universitaria de Relacións Laborais
Leopoldo Alas Clarín, 2
15008 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904