Grao en Economía
2015/2016 · 240 créditos
O grao en Economía impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación para a comprensión do funcionamento do sistema económico xeral. Os estudos están principalmente orientados á análise económica da realidade xeral e empresarial e á elaboración de políticas que contribúan á mellora do nivel de vida do conxunto da sociedade
O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, política económica, historia económica, economía industrial, mercados, espazos económicos, Facenda pública e fiscalidade etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía, etc.) e formación empresarial (economía da empresa). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Directivo empresarial nivel medio
- Alta dirección
- Analista empresarial
- Consultoría
- Auditoría
Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904