Grao en Dereito
2015/2016 · 240 créditos
· Plurilingüe
en
Na Facultade de Dereito coruñesa vénse impartindo a titulación de Dereito dende hai vinte e cinco anos. O que supón que se graduaron máis de 3500 alumnos.
O Grao en Dereito como título oficial vénse impartindo na Facultade de Dereito dende hai cinco anos, de maneira que no curso presente 2013-2014 se graduará a segunda promoción.
O Grao en Dereito articúlase en catro cursos -240 créditos ECTS- e, á súa vez, cada curso en materias cuadrimestrais. Cunha media de cinco materias en cada cuadrimestre.
A media de alumnos por grupo é de 60 para as clases teóricas e de 20 para as prácticas.
A nota de corte no curso 2013-2014 para o Grao en Dereito (soamente se ofertan 120 prazas) situouse nun 7,348.
A nota de corte no curso 2013-2014 para a simultaneidade do Grao en Dereito + ADE (soamente se ofertan 60 prazas) situouse nun 10,168.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Avogada/o (exercizo libre da profesión ou Avogado do Estado)
- Xuíza/Xuíz
- Fiscal
- Notaria/o
- Profesor/a de Universidade
Facultade de Dereito
Campus de Elviña
15071 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904