Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais
2015/2016 · 354 créditos
O Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais permite aos alumnos cursar á vez ambas as titulacións. Así, ao superaren este programa, terán os dous títulos oficiais de graduado/a en Turismo e graduado/a en Ciencias Empresariais.
Este programa proporciona aos estudantes unha sólida formación en materia de xestión empresarial, alén dun profundo coñecemento da industria turística. Ten unha duración de dez cuadrimestres distribuídos en cinco cursos académicos. O número de créditos necesario para superar o programa é de 354 ECTS.
O primeiro cuadrimestre de cada curso impártese na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (campus de Elviña), e o segundo na Escola Universitaria de Turismo-CENP, adscrita á Universidade da Coruña (campus de Riazor).
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Industria hoteleira
- Organización de congresos e eventos
- Operadores de turismo e axencias de viaxes
- Compañías de transporte
- Empresas de marketing, promoción e comunicación
Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña
Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904