Grao en Socioloxía

2015/2016 · 240 créditos

Por que o Grao en Socioloxía?

Porque é necesario: o mercado laboral demanda cadros de alta especialización e profesionais capacitados para observaren, avaliaren e diagnosticaren os procesos de desenvolvemento social, tanto en Galicia como noutros territorios.

Porque está consolidado: a nosa é unha facultade xa consolidada e cunha ampla experiencia dentro do sistema universitario, que conta con persoal e recursos estables, e infraestruturas axeitadas.

Porque ten un volume axustado:

Porque é complementario doutras titulacións: este grao constitúe un complemento perfecto para outras titulacións das ciencias sociais, e, así, acolle persoas tituladas en Educación Social, Traballo Social, Economía, ADE, Ciencias Políticas etc.

Porque recibe moito estudantado internacional: o número de estudantes do Programa Erasmus que elixen o noso centro para realizaren os seus estudos vén aumentando nos últimos anos, o que nos levou a converternos nun dos principais destinos dentro do sistema univesitario galego.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Realización de estudos socioeconómicos
  • Recursos humanos: deseño de carreiras, plans de formación, etc.
  • Investigación de mercados: estudos de demanda, produto, presentación de campañas publicitarias, promoción de ventas, estudos de satisfacción do consumidor, etc.
  • Deseñar, executar e evaluar proxectos de desenvolvemento social
  • Traballar ou implantar políticas de igualdade

Facultade de Socioloxía

Campus de Elviña
15071 A Coruña

Tlf. 981 167 000 Exten.: 2904

Quero saber máis